O paso do home pola zona ao longo da historia evidénciase en varios mamoas e castros, os mosteiros de San Xoán de Caaveiro e Santa María de Monfero, a Torre de Andrade ou a vila medieval de Pontedeume, entre outros.









Tlfs. (+34) 981 19 51 30 - 626 76 33 96
correo@campingfragadeume.com





O Parque Natural "Fragas do Eume" é o último bosque autóctono de tipo atlántico que se conserva en Europa. Encaixado no canón do río Eume, é un dos tesouros
botánicos de Galicia e da península Ibérica. Os bosques caducifólios, que en galego chamamos "fragas", dominan o Parque. No que atopamos diversas especies arbóreas, entre as que predominan os "carballos" (Quercus Robur) e castiñeiros. Abunda tamén o loureiro romano, madroño, teixo, bidueiro, abeleira, freixo, salgueiro, aliso...

Esta exuberante cortiña vexetal, a sombra e a humidade crean as condicións idóneas para a presenza dalgúns tipos de fieitos exclusivos da zona e pequenos invertebrados de enorme valor ecolóxico e múltiples especies de cogomelos e fungos.

Os anfibios abundan no bosque: píntegas, tritones e diversas especies de ras e sapos. Entre as aves destacan o azor, a garza, pomba torcaz, martín pescador, lechuza e cárabo. Os mamíferos mais vistos son ourizos, ardillas, morcegos, raposos, xabarils e corzos.
                                                         
Inicio | English | Français | Normativa das reservas